Microrrelatos e micropoemas



 




No noso cole vivimos as Letras Galegas como algo especial, e cada ano poñemos moita ilusión no concurso de Micropoemas e Microrrelatos. É unha maneira de xogar coa palabra e de sentir máis nosa a lingua.

 
Este ano, dedicado ás pandeireteiras, lanzamos dous retos aos nenos e nenas:
  • Nos micropoemas tiñan que facer protagonista a palabra pobo.
  • Nos microrrelatos, a palabra pandeireta.
 
O resultado é este vídeo, onde as súas creacións cobran vida en forma de cantos e historias. Pequenos anacos de emoción, imaxinación e orgullo pola nosa cultura.
 
Agardamos que sintades, coma nós, a forza e o cariño que puxeron en cada palabra.

Comentarios

Entradas populares