Apadriñamento lector: a forza das palabras compartidas

 


Hoxe celebramos unha xornada moi especial: o apadriñamento lector, que por primeira vez fixemos aproveitando o tempo fermoso no patio da escola. Ao aire libre, entre risas e raiolas de sol, os libros abriron camiños e as voces mesturáronse en contos cheos de maxia.

Maiores e pequenos uníronse nun encontro que vai moito máis alá de ler: construíron relacións de confianza, agarimo e respecto. Porque a lectura non só ensina a interpretar palabras, senón tamén a acompañar, a escoitar e a medrar xuntos.

Cada páxina compartida converteuse nun lazo invisible que une corazóns e aprendizaxes. E así, entre historias, descubriuse de novo a enorme importancia da lectura e da relación humana como motores de convivencia e igualdade.


Un día no que os libros saíron ao patio… e coas súas palabras enchéronnos de futuro.



















Comentarios

Entradas populares