23 de abril - Día do Libro: unha homenaxe á lectura





Un libro para soñar: a nosa homenaxe ao Día do Libro

O mércores 23 de abril, no CEIP Manuel Villar Paramá celebraremos o Día do Libro cunha actividade moi especial que une emoción, lectura compartida e imaxinación: 

  • Apadriñamento lector.
  • Un libro para soñar
Apadriñamento lector 

Faremos o noso xa tradicional Apadriñamento Lector. Se o tempo o permite, sairemos ao patio, e alí maiores e pequenos compartirán historias, contos e aventuras baixo o sol primaveral. Un momento máxico onde os libros serven de ponte 

Un libro para soñar

Pero este ano queremos ir un pasiño máis alá.

Antes das vacacións de Semana Santa, repartiremos unha ficha chamada  “Un libro para soñar”, onde cada neno ou nena poderá contar cal é ese libro que leva no corazón:


  • O que máis lle gusta
  • O que lle fai rir,
  • O que lle esperta a imaxinación,
  • Ou o que lle gustaría recomendar a outras persoas.

Con todas estas respostas tan cheas de verdade e ilusión, faremos un vídeo conmemorativo onde recolleremos as voces, os soños e os libros máis queridos do noso alumnado. Porque cada libro lido deixa unha pegada, e queremos que esas pegadas queden tamén gardadas na nosa memoria colectiva.

Día do libro

O Día do Libro celébrase cada 23 de abril, unha data escollida pola UNESCO en 1995 como símbolo mundial da importancia da lectura, da industria editorial e dos dereitos de autor. ¿Sabías que nesta mesma data faleceron dous grandes da literatura como Miguel de Cervantes e William Shakespeare? Por iso, este día quere lembrar a todos os escritores e escritoras que, ao longo da historia, encheron o mundo de palabras e historias.


Sabías que…?


  • Cada ano, a UNESCO escolle unha Capital Mundial do Libro. Este 2025 é a quenda de Strasbourg, en Francia.
  • O libro máis vendido de todos os tempos (despois de textos relixiosos) é “Don Quijote de la Mancha”.
  • Hai unha tradición en Islandia chamada “Jólabókaflóð”, onde cada Nadal a xente regala libros e pasa a noite lendo!


Comentarios

Entradas populares